Thursday 28 de March de 2024

Celemín participa no XV Congreso Internacional Galego-Portugués de Psicopedagoxía


O concelleiro de Educación destaca o éxito de participación dunha cita, que se foi internacionalizando co paso dos anos

O concelleiro de Educación, Jesús Celemín, participou este mediodía no XV Congreso Internacional Galego-Portugués de Psicopedagoxía, que organizan a Universidade do Minho e a da Coruña na facultade de Ciencias da Educación, unha cita que foi medrando cos anos e que hoxe concentra a congresistas e público de Galicia e Portugal, pero tamén do resto do Estado e de países como Brasil, República Dominicana, Colombia, México, Venezuela, Cabo Verde, Angola e Mozambique.

O edil valorou que a iniciativa reúne estes días a especialistas dunha e doutra beira do Miño para intercambiar as súas investigacións e amosar os resultados dos seus proxectos de cara a abordar as problemáticas educativas desde distintas ópticas e disciplinas.